Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29907

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (671/2013).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fai saber que nos autos de xuízo verbal 671/2013 que se seguen neste xulgado por instancia da procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación da comunidade de propietarios Cervantes, 3 fronte á herdanza xacente de Carmen Milagros Pérez Suárez, se ditou, con data do 25.1.2016, sentenza, co seguinte teor literal:

«Antecedentes de feito, fundamentos de dereito e

Decisión: debo estimar e estimo a demanda formulada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio número 3 da rúa Cervantes de Vilagarcía de Arousa, contra a herdanza xacente de Carmen Milagros Pérez Suárez, e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.950,65 euros, máis os xuros indicados no fundamento de dereito terceiro desta resolución, e ao pagamento das custas do procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que contra esta poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar ante este xulgado nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros de acordo co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular deste xulgado e do seu partido xudicial».

E para que sirva de notificación en forma a herdanza xacente de Carmen Milagros Pérez Suárez, esténdese este edicto.

Vilagarcía de Arousa, 17 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial