Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29966

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de licitación para a redacción do Plan especial de protección e reforma interior de Verín.

De conformidade coa Resolución da Alcaldía do 6 de xullo de 2016, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa cun único criterio de adxudicación, o prezo, para a adxudicación do contrato de redacción do Plan especial de protección e reforma interior de Verín, conforme os seguintes datos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: SEC 2015/203.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan especial de protección e reforma interior de Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo máximo de execución: cláusula quinta do prego de cláusulas administrativas.

d) Importe: 101.320,66 €, máis 21.277,34 € de IVE, e que suma un total de 122.598,00 €.

e) Clasificación exixida: non procede.

f) Solvencia: a solvencia económica e financeira acreditarase mediante o volume anual de negocios do licitador que, referido ao ano de maior volume de negocio dos últimos tres concluídos, deberá ser igual ou superior ao valor estimado do presente contrato.

A solvencia técnica acreditarase mediante a presentación dunha relación dos principais servizos similares realizados nos últimos cinco anos, xunto cos certificados de boa execución para os máis importantes. É requisito indispensable que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao valor estimado do presente contrato.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non suxeito á regulación harmonizada).

4. Garantía provisional: non se exixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 00 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día de presentación de ofertas. Se este é sábado, domingo ou festivo prorrogarase ao día seguinte hábil distinto de sábado.

6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de valoración das ofertas: o prezo máis baixo.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais que se contarán desde a última publicación.

b) Documentación que se presentará: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Verín, ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura das ofertas: no día e na hora anunciados no taboleiro de anuncios do Concello (cunha antelación mínima de 24 horas ao acto de apertura), a mesa reunirase para a apertura do sobre A e, de ser o caso, o B (en acto público).

A apertura do sobre B, de ser nun día distinto ao de apertura do sobre A, anunciarase no taboleiro de anuncios do concello cunha antelación mínima de 24 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante e taboleiro de anuncios onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.verin.es e www.contrataciondelestado.es.

Verín, 6 de xullo de 2016.

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde