Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de xuño de 2016, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións, no dominio público portuario de Sada, solicitada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (expediente 12-13-16-C-1).

Repsol Comercial de P.P. solicita unha concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Sada, segundo o proxecto de remodelación I.A.S.B. Sada, asinado en febreiro de 2015 por Francisco J. Canabal Fiestras (colexiado nº 3636).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na avenida Porto da Coruña, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro