Advertidos erros na Resolución do 3 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016, polo que se aproba a relación de postos de traballo desta consellería, publicada no DOG nº 110, do 10 de xuño de 2016, é necesario facer as oportunas correccións:
– Na páxina 23630:
Na denominación da resolución, onde di:
«RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo desta consellería.»
Debe dicir:
«RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Facenda.»
– Na páxina 23636:
No posto código FC.C03.00.001.15770.005 XEFATURA SERVIZO FISCALIZACIÓN E XESTIÓN.
Na columna subgrupo, onde di: «A1», debe dicir: «A1-A2».