Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de xuño de 2016, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de estradas de clave 131/15 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido practicar a notificación.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, as persoas interesadas citadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer na sede do Servizo de Infraestruturas desta delegación da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 17 de xuño de 2016

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

131/15

El Ángel Bermellón

(Manuel Fernando Carneiro da Silva Vaz)

Incoación expediente

61.2.d)

PO-531, Pontevedra, Baión

016/16

José Manuel Soñora Domínguez

Incoación expediente

61.2.g)

PO-303, Samieira, Castrelo