Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 5, prioridade 52.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2016-SUEI 01 a 04-EM.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23881

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 5. Prioridade 52.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: adquisición de 8 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Lote 2: adquisición de 16 remolques para atención ás emerxencias.

Lote 3: adquisición de 3 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Lote 4: adquisición de 16 remolques de salvamento e rescate.

d) CPV: lote 1: vehículos todo terreo; 34114100-0. Vehículos de emerxencia; 34114110-3. Vehículos de salvamento: 34131000-4. Furgonetas con caixa aberta (pick-ups).

Lote 2: 34220000-5. Remolques, semirremolques e contedores móbiles.

Lote 3: 34522450-1. Embarcacións pneumáticas.

Lote 4: 34220000-5. Remolques, semirremolques e contedores móbiles.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de xaneiro de 2016, BOE do 12 de xaneiro de 2016 e DOG do 21 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato para os catro lotes: 689.028,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto para os catro lotes: 689.028,00 €.

Importe total para os catro lotes: 833.723,88 €. Desagregado do seguinte xeito:

Lote 1: 295.240,00 €.

Lote 2: 274.912,00 €.

Lote 3: 27.225,00 €.

Lote 4: 236.346,88 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: lotes 1, 2 e 4: 14 de abril de 2016; lote 3: 28 de abril de 2016.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 13 de maio de 2016.

Lote 2: 22 de xuño de 2016.

Lote 3: 25 de maio de 2016.

Lote 4: 10 de maio de 2016.

c) Contratistas:

Lote 1: Caeiro Rey, S.A.

Lote 2: Peycar Pontevedra, S.L.

Lote 3: Narwhal Boats, S.L.

Lote 4: Peycar Pontevedra, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 274.000,00 €.

Lote 2: 228.085,00 €.

Lote 3: 27.079,80 €.

Lote 4: 203.885,00 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 27 de xulño de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza