Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCION do 7 de xullo de 2016 pola que se anuncia a licitación para a contratación da obra por lotes do proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago do Norte, ruta do interior. Camiño Primitivo ou de Ovedo, adaptándoo á nova delimitación oficial, de clave 2016-00023, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo procedemento ordinario Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago do Norte, ruta do interior. Camiño Primitivo ou de Ovedo, adaptándoo á nova delimitación oficial.

Comprende 3 lotes:

Lote 1. Treito I, A Fonsagrada, límite Comunidade Autónoma ata o límite co concello de Baleira.

Lote 2. Treito II, límite concello de Baleira coa Fonsagrada ata San Miguel do Camiño en Castroverde.

Lote 3. Treito III, desde San Miguel do Camiño en Castroverde ata Melide.

Prazo de execución de cada lote: seis (6) meses desde a acta de comprobación da implantación.

3.Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Importe sen IVE 394.938,39 €. Importe IVE (21 %) 82.937,06 €. Total 477.875,45 €.

Lote 2. Importe sen IVE 425.487,81 €. Importe IVE (21 %) 89.352,44 €. Total 514.840,25 €.

Lote 3. Importe sen IVE 447.546,85 €. Importe IVE (21 %) 93.984,84 €. Total 541.531,69 €.

Importe total dos lotes sen IVE: 1.267.973,05 €.

Total dos lotes IVE (21 %) : 266.274,34 €.

Importe total dos lotes IVE incluído: 1.534.247,39 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, IVE excluído de cada un dos lotes. No caso de que un mesmo licitador resulte adxudicatario de varios lotes, este constituirá unha garantía independente por cada lote que se lle adxudique.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=32975

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, A Coruña, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia