Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 29983

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 14 de xuño de 2016 pola que se nomean dous novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, o sindicato UGT-Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e dun dos suplentes da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a Luis M. Baneira Gómez, en substitución de José Carlos Rodríguez del Río.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT- Galicia, a José Carlos Rodríguez del Río, en substitución de Mª Luisa Rodríguez Vázquez.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria