Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 21 de xuño de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 303 e 363 do polígono 12 do termo municipal de Antas de Ulla (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 21 de xuño de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 303 e 363 do polígono 12 do termo municipal de Antas de Ulla (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 2 de maio de 2016. Anuncio publicado no DOG núm. 103, do 1 de xuño de 2016.

Lugo, 27 de xuño de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo