Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, da subministración e instalación de infraestruturas de comunicación e seguridade e servizos de mantemento asociados no edificio sede do Valedor do Pobo.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Valedor do Pobo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Administración e Persoal.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Administración e Persoal.

2º. Domicilio: rúa Hórreo, 65.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 55 13 00 e 981 55 13 16 e información de índole administrativa: 981 56 97 40.

5º. Telefax: 981 57 23 35.

6º. Correo electrónico: valedor@valedordopobo.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es.

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración e instalación.

b) Descrición: subministración e instalación de infraestruturas de comunicación e seguridade e servizos de mantemento asociados no edificio sede do Valedor do Pobo.

c) División por lotes: non leva.

d) Lugar e prazo de execución: axustarase ao indicado na epígrafe M da folla de especificacións.

e) Admisión de prórroga: o contrato non será susceptible de prórroga.

f) CPA: 26.30 equipamentos de telecomunicacións; 6.1 Servizos de telecomunicación; 61.20.30 Servizos de transmisión de datos en redes de telecomunicacións sen cables. 62.03.11 Servizos de xestión de redes.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada, quedando a bolsa de horas e os mantementos asociados suxeitos á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente:

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións:

4. Valor estimado do contrato: 123.267,85 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 123.267,85 €.

Importe total: 149.154,10 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: Observarase o disposto na epígrafe E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: observarase o disposto na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica e profesional: observarase o disposto na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose sábado ou inhábil, casos nos cales se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto:

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 57 23 35.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Valedor do Pobo.

2º. Domicilio: rúa Hórreo, 65.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións:

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: na biblioteca do edificio sede do Valedor do Pobo.

b) Domicilio: rúa Hórreo, 65.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15700:

d) Data e hora: terá lugar en acto público:

i. Apertura do sobre B: terá lugar no día e hora sinalado no perfil do contratante.

ii. Apertura do sobre C: terá lugar no día e hora sinalado no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación:

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario:

Santiago de Compostela, 29 de xuño do 2016

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo