Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1237/2013).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1237/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Boedo Barros contra o Fondo de Garantía Salarial, Técnica Instalación Coruña, S.L., administracion concursal Técnica Instalación Coruña, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, dezasete de xuño de dous mil dezaseis

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste Xulgado co número 1237/2013, sendo parte nel, dun lado como demandante José Ramón Boedo Barros, representado polo letrado Pedro Pedreira Candal, e como demandado Fogasa, representado polo letrado Alejandro Crespí Rodríguez, Técnica Instalación Coruña, S.L., que non comparece, e administracion concursal Técnica Instalación Coruña, S.L., que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Decisión.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Ramon Boedo Barros contra o Fogasa, e absolvo esta entidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Técnica Instalación Coruña, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza