Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1323/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1323/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Blanco García contra Construeume, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal Construeume, S.L. (Pro Empresia, S.L.P.) sobre ordinario, se ditou resolución con data do 26 de abril de 2016, contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construeume, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza