Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración e instalación de equipamento de comunicacións de rede de área local para o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e outros centros do Servizo Galego de Saúde (AB-SER1-16-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 1 de agosto de 2016.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-028.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación de equipamento de comunicacións de rede de área local para o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e outros centros do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo máximo de execución será de dous meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8, 32524000-2 e 32429000-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios avaliables de forma automática (sobre B)

Prezo

70 puntos

Extensión de garantía

30 puntos

4. Valor estimado do contrato: 466.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 466.000 euros. Importe total: 563.860 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1. e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 1 de agosto de 2016.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un mes contado desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de xuño de 2016.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 02; prioridade de investimento 2.3; obxectivo especifico 2.3.1; actuación 1.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos