Eu, Susana Varela Amboage, letrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Antonio Senín Garabal contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. rexistrado co número DSP 674/2014 acordouse notificar parte dispositiva del autos de fecha 17 de marzo de 2016 ditado no procedemento a Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro:
Auto: 38/2016.
DOI despedimento obxectivo individual 154/2016.
Auto:
Maxistrada xuíza: Susana Villarino Moure.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016.
Parte dispositiva.
Dispoño: acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de resolución contractual número 674/2014 seguido ante este mesmo xulgado, continuándose a súa tramitación en un único procedemento.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, e déixese copia testemuñada nas actuacións.
Notifíquese ás partes.
Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e acumúlese ás presentes actuacións.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Talleres Fernández Coruña, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016
A letrada da Administración de xustiza