Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha explotación porcina de ceba, que Taboada Integral, S.L. posúe en Corda da Ara, Cumbraos, concello de Sobrado (expediente 2015-IPPC-I-41).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Solicitude de autorización ambiental integrada en explotación porcina dedicada a ceba con capacidade para 5.553 prazas.

Lugar: Corda da Ara, Cumbraos, Sobrado, A Coruña.

Promotora: Taboada Integral, S.L.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-41.

Peticionaria: Taboada Integral, S.L.

Domicilio social: O Pazo, Castro, s/n, 15685 Mesía (A Coruña).

Localización da instalación: Corda da Ara, Cumbraos, 15813 Sobrado (A Coruña). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ETRS89): X: 579.535, Y: 4.769.014.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición do proceso: trátase dunha explotación porcina de ceba existente, formada por seis naves para o aloxamento de 5.553 porcos de 20 a 100 kg de peso vivo, dúas fosas exteriores para o almacenamento de xurro e unha serie de edificacións onde se van aloxar os servizos auxiliares do proceso.

Os ciclos de produción comezan coa entrada nas naves dos animais procedentes das granxas de preceba con 20 kg de peso, nas cales permanecen ata que acadan un peso de sacrificio de 100 kg de peso vivo, unhas 15 semanas despois. Neste momento retíranse da explotación para o seu traslado ao matadoiro.

Ao final de cada ciclo, cada 105 días, unha vez que os animais abandonan a explotación, retírase o xurro xerado na explotación para ser valorizado en parcelas agrícolas e procédese á limpeza das instalacións.

Verteduras: as verteduras procedentes das augas de limpeza das naves conduciranse ás fosas de xurro, e serán empregadas xunto con este como fertilizante en parcelas agrícolas. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.