Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2016/1070-1).

Expediente: IN407A 2016/1070-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Escola Pedro Barrié.

Concello: Sada.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 0,074 km de lonxitude, coa orixe no paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio existente nº 28 da LMT SAD-714 (expediente 27402), no tramo entre a derivada ao CT Mondego (expediente 50.318) e a derivada ao CT Granxa, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no novo CT Escola Pedro Barrié (proxectado).

Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña