Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO polo que se publica a resolución da oferta de emprego público de 2016.

Resolución do Concello de Vilalba, pola que se anuncia a oferta de emprego público de persoal deste concello correspondente ao ano 2016, segundo o disposto no decreto ditado pola alcaldía na data 14 de xuño de 2016, co número 51, no que se recollen as seguintes prazas:

Funcionarios de carreira:

* Grupo segundo o artigo 25 da Lei 30/1984:

Clasificación: grupo: A; subgrupo: 1; escala: Administración xeral; subescala: técnica.

Nº de vacantes: 1.

Denominación: técnico de Administración xeral.

Provisión do posto de traballo: concurso-oposición.

Nivel de titulación: licenciado en Dereito ou en Ciencias Políticas e da Administración ou dos títulos de grao correspondentes, verificados polo Consello de Universidades, a través da canle procedemental previsto no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, na redacción dada polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación.

* Grupo segundo o artigo 25 da Lei 30/1984:

Clasificación: grupo: C; subgrupo: 1; escala: Administración xeral; subescala: administrativa.

Nº de vacantes: 1.

Denominación: administrativo de Administración xeral.

Provisión do posto de traballo: concurso-oposición.

Nivel de titulación: bacharelato, técnico ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación.

Vilalba, 23 de xuño de 2016

Gerardo Criado Guizán
Alcalde