Con data do 31 de maio de 2016, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2016071TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Luis Prado Fontao, como titular do establecemento Nova Macumba.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Luis Prado Fontao, como titular do establecemento Nova Macumba, o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2016071TA-PO.
Denunciado: Luis Prado Fontao, como titular do establecemento Nova Macumba.
Documento de identificación: 33819693X.
Último enderezo coñecido: rúa Pizarro, 64, 36204 Vigo (Pontevedra).
Feito imputado: infracción da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).
Precepto infrinxido: artigo 4.d).
Tipificación: grave (artigo 19.3.n).
Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).