Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30751

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

EXTRACTO da Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 311803.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación onde se constatasen danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Segundo. Obxecto

Compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas que sexan comunicados desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 600.000 euros. O importe das axudas por metro cadrado, segundo o tipo de cultivo, figura no anexo I da orde.

Importe máximo por persoa beneficiaria e ano: 1.500 euros, aínda que os danos excedan este importe.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Sexto. Outros datos

Comunicarase o dano, no prazo máximo dos tres días seguintes a aquel en que se produciu, chamando ao teléfono 012 das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.

O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio