Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifican dúas resolucións de caducidade do procedemento de reintegro sobre controis posteriores, previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca (FEP) do programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Elaborados Freiremar Vigo, S.A.

NIF: A36641348.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/024-5.

Acto de notificación: Resolución do 14 de abril de 2016, da conselleira do Mar, pola que se declara a caducidade do procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: avda. de Beiramar, 83, 36208 Vigo (Pontevedra).

Beneficiario: Telesforo G. Miranda García.

NIF: 33199341Z.

Número de expediente: SXPA: PE201B/2009/032-1.

Acto de notificación: Resolución do 14 de abril de 2016, da conselleira do Mar, pola que se declara a caducidade do procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: Freixo de Sabarde, 30, 15288 Outes (A Coruña).