Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 1 de xullo de 2016 polo que se notifica o acordo de inicio do expediente de declaración de perda do dereito ao cobramento da subvención concedida ao proxecto L13-41300-18-0168.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do expediente de declaración de perda do dereito ao cobramento da subvención concedida ao proxecto L13-41300-18-0168.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: L13-41300-18-0168.

Interesada: Vehículos Eléctricos del Noroeste, S.L.U.

Acto de notificación: acordo de inicio de expediente de declaración de perda do dereito ao cobramento da subvención concedida ao proxecto L13-41300-18-0168.

Último domicilio coñecido: camiño do Outeiro, 14, Miranxe, 36768 O Rosal (Pontevedra).