Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 16 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade do inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptado pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na Ronda da Muralla 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empleabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 16 de xuño de 2016

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Dijkstra, Wolf. Lugo (Lugo).

NIF: Y0480744N.

Importe: 3.725,27 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.1.

Interesado: Giraldo Alzate , Brahian Andrey. Vilalba (Lugo).

NIF: Y2153655H.

Importe: 907.78 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.1.

Interesado: González Domínguez, Janoisi. Monforte de Lemos (Lugo).

NIF: 34299181V.

Importe: 2.117,72 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10.

Interesado: Hamdoun, Zineb. Lugo (Lugo).

NIF: Y0559922R.

Importe: 2.326,57 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10.

Interesado: Jiménez Vargas, Ana Belén. Lugo (Lugo).

NIF: 34306997J.

Importe: 260,00 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10.

Interesado: Piris Caramazana, José Luis. Foz (Lugo).

NIF: 71527187Q.

Importe: 3.550,64 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10.

Interesado: Rios García, Marina. Os Boizas (Lugo).

NIF: 77794449P.

Importe: 260,00 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10.

Interesado: Sampayo López, Nerea. Lugo (Lugo).

NIF: 34281452K.

Importe: 2.314,58 €.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10