Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican varios acordos de procedencia de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 25 de marzo).

En virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, notifícaselles ás persoas interesadas os acordos citados no anexo, comunicándolles que dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a sala contencioso-administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Con carácter previo, poderán comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, avenida de Salvador de Madariaga, 9-1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 25 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente núm.: TR 341 D 2011/1238-1.

Nome: González Quinteiro, José.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Cabanillas, 4 baixo, 15701 Santiago de Compostela.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda excepcional.

Contía: 2.000 euros.

Precepto infrinxido: artigo 17.1 da Orde do 17 de marzo de 2011.

2. Expediente núm.: TR 341 D 2011/1616-1.

Nome: Lin Wei.

Último enderezo conocido: Avda. Raxoeira, 7-5º C, Milladoiro. 15895 Ames. A Coruña.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para o establecemento como traballador/a autónomo/a.

Contía: 6.000 euros.

Precepto infrinxido: artigo 17.1 da Orde do 17 de marzo de 2011.

3. Expediente núm.: TR 341 D 2011/1640-1.

Nome: Chavaris Pintado, Enrique.

Último enderezo coñecido: rúa Monte dos Postes, 4-1º H.15703 Santiago de Compostela.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para o establecemento como traballador/a autónomo/a.

Contía: 5.000 euros.

Precepto infrinxido: artigo 17.1 da Orde do 17 de marzo de 2011.