Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31079

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016 pola que se substitúen varios membros do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, determina no seu artigo 16 a composición e o procedemento de nomeamento das persoas vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Conforme o previsto na devandita lei, realizouse proposta de designación e de cesamento por parte da organización sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT Galicia).

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogais

Por proposta da organización sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia):

En calidade de titulares:

a) Disponse o cesamento de: José Manuel Rodríguez Portela e Felipe López Calvo.

b) Disponse o nomeamento de: Raquel Seijas Lamelas e Jesús Mª Calvo Romero.

En calidade de suplentes:

a) Disponse o cesamento de: Carlos Bellas Cebreiro.

b) Disponse o nomeamento de: Luis M. Baneira Gómez.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria