Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31249

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4691/2015).

Mª Asunción Barrio Rúa, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 469/2015 desta sección, seguido por instancia de Dtelevisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevisión de Galicia contra Fogasa, Editorial Compostela, S.A., C.T.V., S.A., Uno TV, S.L., Carlos Jiménez Díaz, Studio XXI Producciones, S.L., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L, Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudo Uno de Doblaje, S.A. en liquidación, Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Sodinor, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que con desestimación do recurso interposto pola empresa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e de Televisión de Galicia, S.A.», confirmamos a sentenza que con data 11.3.2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, por instancia de Carlos Jiménez Díaz e pola que se acolleu a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 601 euros ao letrado da parte recorrida. E igualmente acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sodinor, S.A, Sonorización do Noroeste, S.A, Estudio de Dobraje, S.A. en liquidación, Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L e Vídeo Galicia, S.A, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 15 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza