Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (607/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 607/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Arturo Muñoz Leiro contra a empresa La Empanadilla Sabrosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Declaro haber lugar a rectificar e completar a sentenza ditada nos presentes autos de despedimento nº 607/2015 con data do 20 de xaneiro de 2016, no sentido seguinte:

1. No feito probado cuarto que queda redactado como segue: “A data de presentación da demanda a demandada debíalle ao demandante parte da nómina de marzo de 2015 por importe de 544,60 euros, a nómina de abril de 2015 por importe de 1514,60 euros, a nómina de maio de 2015 por importe de 1514,60 euros e a nómina de xuño por importe de 1514,60 euros. Na data de celebración do xuízo oral a entidade demandada débelle ao demandante ademais das sumas anteriores 15 días de salario de xullo de 2015 por importe de 757,30 euros, a suma de 1520,39 euros en concepto de complemento de IT correspondente aos meses de xullo (332,58 euros), agosto (362,83 euros), setembro (378,57 euros), outubro (340,70 euros) ao do 1 ao 6 de novembro (75,71 euros); e así mesmo os salarios percibidos dende o 20 ao 30 de novembro de 2015 por importe de 555,35 euros, e os salarios percibidos dende o 1 ao 17 de decembro por importe de 858,27 euros. A suma total debida a 17 de decembro de 2015 ascende a 8.779,71 euros. E, así mesmo, débenselle ao demandante os salarios percibidos dende o 17 de decembro de 2016 ata a presente resolución en contía de 1.666,05 euros por salarios de 14 días de decembro de 2015 (706,81 euros) e de 19 días de xaneiro de 2016 (959,24 euros), así como a suma de 1.615,57 euros de vacacións non gozadas (30 días ao ano 2015 e 2 días do ano 2016 como parte proporcional percibida ata a presente resolución). A suma total debida a data da presente resolución comporta 12.061,33 euros. (ex artigo 217 da LAC)”.

2. No fundamento xurídico cuarto parágrafo segundo que queda redactado como segue: “Procede pois a condena da demandada ao aboamento da suma de 12.061,33 euros en concepto de salarios debidos desde marzo de 2015 ata a presente resolución (20.1.2016), máis os xuros por demora do artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e ao aboamento da suma de 3.012,29 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual a data da presente resolución”.

3. Na decisión, que queda redactada como segue: “Que estimando integramente as demandas interpostas por Arturo Muñoz Leiro contra La Empanadilla Sabrosa, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1º. Debo declarar e declaro resolto o contrato de traballo que unía ao demandante coa mercantil demandada e, en consecuencia, declaro a extinción da devandita relación laboral a data da presente resolución, e debo condenar e condeno a La Empanadilla Sabrosa, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 3.012,29 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual.

2º. Debo condenar e condeno a La Empanadilla Sabrosa, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 12.061,33 euros en concepto de salarios debidos desde marzo de 2015 ata a data da presente resolución (20/01/2016) -coa desagregación efectuada no feito probado cuarto da presente resolución- máis os xuros por demora do artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3º. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que proceda conforme a aplicación do artigo 33 do ET”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza que se complementa».

E para que sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza