Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 17 de xuño de 2016, da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro), correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (DOG do 10 de decembro) correspondente á avaliación previa ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contado desde o día seguinte da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación das mesmas, advertindo de que, en caso de non comparecer no prazo indicado se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra elas, por parte dos/as interesados/as, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes,
Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Miriam Barcia Seoane

32681374F

67/1-15-D

María Antonia Señarís Rodríguez

33264687V

69/1-15-D

María Lameiras Fernández

34947247N

95/1-15-D

Antonio Moreda Piñeiro

34993151P

162/1-15-D

Antonio Rumbo Gómez

34890109Y

227/1-15-D