Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de xuño de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución de concesión de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal 2013-2016.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de concesión de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, rúa Vicente Ferrer nº 2, 9ª andar, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de xuño de 2016

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

201515ALUG06026Y

Arango Aragundi Tomás

….2550B

201515ALUG02240S

Bardanca Ogando Alberto

….8490W

201515ALUG03704F

Jiménez Borja José Antonio

….6300H

201515ALUG06588Q

Liesenberg Posso Ana Ruth

….7464T

201515ALUG03419K

Pérez Figueroa María

….3076R

201515ALUG00253Y

Pérez Rey María del Carmen

….5921K

201515ALUG04738Y

Seck Aminata

….5424Z

201515ALUG03658F

Téllez Villarreal Doly Yolanda

….9780S