Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación dun arrendamento con opción de compra e mantemento de tres ecocardiógrafos para o Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

4º. Teléfonos: 982 29 60 47/057/229.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-16-006.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto (arrendamento e mantemento).

b) Descrición: arrendamento con opción de compra e mantemento de tres ecocardiógrafos (dous de alta gama e un portátil) para o Servizo de Cardioloxía do HULA. Inclúe os labores de montaxe e instalación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: HULA.

1º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33112340-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 225.917,36 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 214.621,49 €. Importe total: 259.692,00 €.

6. Garantías esixidas: definitiva do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación:

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, odito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral no 2º andar do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección no 3º andar do HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo (27003)

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea:

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 4 de xullo de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos