Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31374

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de condutor/a.

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 29 de outubro) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de condutor/a.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 30 de novembro de 2015, que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Por Resolución do 9 de marzo de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 17 de marzo), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e puntuacións provisionais obtidas.

Rematado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base oitava da resolución de inicio do prazo de inscrición (Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 29 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de condutor/a.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas nas categorías citadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos