Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica á persoa que se cita a Resolución do 23 de maio de 2016 ditada no expediente sancionador en materia de xogo OU-12/15.

O día 23 de maio de 2016 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-12/15.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824H.

Último enderezo coñecido: rúa Río Ulla, 30, 3º, Lugo.

Data da resolución: 23 de maio de 2016.

Tipificación e precepto infrinxido: artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: 18.000,01 euros.