Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2016/36-2, 8345 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: actuacións complementarias LMT camiño Guntín-Reboredo.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. Paso aéreo a subterráneo situado sobre celosía metálica nº 4B tipo C-12/4.500 en liña de simple circuíto procedente da subestación de Monforte, que pasa a denominarse nova MOF812 (liña cero).

2. Paso aéreo a subterráneo situado sobre celosía metálica nº 11B tipo C-14/4.500 en liña de simple circuíto MOF805.

3. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo sobre apoio tubular metálico proxectado tipo CH-15/1.000 e final no apoio de formigón existente nº 7-1, cunha lonxitude de 69 metros en condutor LA-56.

4. Liña de media tensión subterránea nova MOF812-tramo subestación Monforte: LMT subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña situada no interior da subestación de Monforte e final nun paso aéreo a subterráneo situado sobre un apoio metálico existente no interior da subestación de Monforte, cunha lonxitude de 87 metros en condutor RHZ1-240.

5. Liña de media tensión subterránea nova MOF812-tramo sector mantemento UFD: LMT súbterránea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado sobre pórtico metálico existente no interior do sector mantemento Monforte e final nun paso aéreo a subterráneo proxectado situado sobre un apoio de formigón existente no interior do sector mantemento Monforte, cunha lonxitude de 55 metros en condutor RHZ1-240.

6. Liña de media tensión subterránea nova MOF812-tramo entre apoios nº 4 B e nº 10 B: LMT subterránea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo proxectado sobre celosía metálica nº 4 B e final nun paso aéreo a subterráneo proxectado sobre celosía metálica nº 10 B, cunha lonxitude de 539 metros en condutor RHZ1-240.

7. Adecuación do centro de transformación de distribución en edificio prefabricado existente camiño de Guntín (27CH67) cunha potencia de 250 kV.

8. Adecuación do centro de transformación de distribución en edificio non prefabricado existente estrada Reboredo (27CM04) cunha potencia de 250 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 29 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo