Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 21/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 21/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 91, do 13 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación urxente e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 203.582,27 €. IVE (10 %): 20.358,23 €.

Importe total: 223.940,50 €.

5. Formalización:

a) Data: 16 de xuño de 2016.

b) Contratista: Tourgalia Gestión, S.L. (CIF B27459072).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 201.546,44 €. IVE (10 %): 20.154,64 €.

Importe total: 221.701,08 €.

Lugo, 22 de xuño de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo