Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 23 de xuño de 2016, polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parte do monte Pindo, número 368, no concello de Carnota.

De conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de xuño de 2016, adoptou entre outros o seguinte

ACORDO:

1. Declarar a perda da condición de utilidade pública e a exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parte do monte Pindo, número 368, no concello de Carnota (A Coruña), que inclúe as superficies que se relacionan a continuación:

– 110,78 ha por clasificación do MVMC de Caldebarcos e San Cibrao, logo da revisión do seu esbozo e da aprobación da súa planimetría.

– 2,689 ha por ter perdido as características polas que foi catalogada.

2. A superficie do monte de utilidade pública, logo destas exclusións, pasará a ser de 928,101 ha.

3. Dar traslado ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente da citada exclusión do catálogo.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal