Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente no desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de auditorías, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de auditorías, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.4.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 204.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 204.600,00 €.

b) Importe total: 247.566,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 150.620,80 €.

Exercicio 2017: 81.578,20 €.

Exercicio 2018: 15.367,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15.6.2016.

b) Data de formalización do contrato: 20.6.2016.

c) Contratista: Mundiaudit, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 203.000,00 euros. Importe total: 245.630,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 149.442,92 €.

Exercicio 2017: 80.940,25 €.

Exercicio 2018: 15.246,83 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable