Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31714

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A., para executar no exercicio 2016.

Resolución do 23 de xuño de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio empresa pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga), os traballos de corta e retirada da vexetación existentes nas inmediacións do punto de amoreamento de pneumáticos fóra de uso, existente no Concello de Fene (A Coruña).

– Actividade. Corta e retirada da vexetación existente nas inmediacións dun punto de acopio de pneumáticos fóra de uso existente no Concello de Fene como paso previo á retirada e xestión dos ditos pneumáticos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia. O prazo da execución da encomenda será dun mes e comezará a computarse desde o día seguinte ao da sinatura da resolución.

– Financiamento. Tramitarase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.03.541D.640.1.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio