Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca-FEMP-nun 75 % (expediente 17/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: prestación de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 15.11.2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 80530000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: o único criterio é o prezo (epígrafe Ñ da folla de especificación do prego).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 802.850,00 €; exento de IVE (artigo 20.1.9º da Lei 37/1992, do 28 de decembro).

Valor estimado: 802.850,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 1.6.1) nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantía esixida: definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE: 40.143,00 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 49 90 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=44849

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 de agosto de 2016.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres A terá lugar, en acto non público, ás 12.00 horas do día 11 de agosto de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril
e disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar