Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de febreiro de 2016, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a modificación por revisión da concesión administrativa para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto da Illa de Arousa, motivada pola execución de obras da ampliación da lonxa (expediente 13-04-02-C1).

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro promoveu a execución de obras de ampliación da lonxa da Illa de Arousa, segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Roberto Núñez de Arenas Basteiro, en xullo de 2015 e que supón unha nova ocupación de 120 m2.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2016

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur