Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente P-043/14.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 4 de xullo de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-043/14.

Persoas interesadas: Aurelio Blanco Amil e Carmen Carrera Viéitez.

DNI: …124L e ...223G.

Asunto: requirimento en relación co expediente de construción PO-92/010, conta 11.