Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2016/1068-1).

Expediente: IN407A 2016/1068-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: subestación do Vilán 66 kV. Ampliación trafo T-II.

Concello: Camariñas.

Características técnicas:

– Novo transformador (T-II) de 15 MVA e relación de transformación 66/20 kV.

– Ampliación do parque de 66 kV da subestación, mediante un módulo híbrido de protección de primario do transformador proxectado, conectándose á barra de 66 kV mediante terna de cable illado RHZ1-2OL(S) 36/66 kV 1×630 kAI + H165.

– Ampliación do parque de 20 kV da subestación, mediante tres celas (de transformador, de liña e de acoplamento), conectándose a respectiva cela de MT ao secundario do transformador proxectado por medio de dúas ternas de cable illado RHZ1-2OL(S) 12/20 kV Al 240 mm2.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña