Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2016/1112-1).

Expediente: IN407A 2016/1112-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Frieiro.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 81 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S que se vai realizar no apoio nº 44 existente, tipo HVH-15/2500, da LMTA CBL-805B, onde se realiza actualmente a derivada ao CT Frieiro existente (15AGL7) (expediente 6/96) e final no apoio nº 44/1 proxectado, tipo C-FL-16/3000, para intercalar na LMTA CBL-805B, no tramo entre a derivada ao CT Frieiro existente, que se vai retirar, e o CT Traba (15AGL8) (expediente 51.439) logo de realizar a E/S no CT proxectado.

– LMTA a 20 kV, de 157 m, condutor tipo LA-56 Al (existente para retensar), con orixe no apoio nº 44/1 proxectado, tipo C-FL-16/3000, para intercalar na LMTA CBL-805B, no tramo entre a derivada ao CT Frieiro existente, que se vai retirar, e o CT Traba (15AGL8) (expediente 51.439) e final no apoio nº 45 existente, tipo HV-15/630, da LMT CBL-805B, no tramo entre o novo CT Frieiro e o CT Traba (15AGL8 (expediente 51.439).

– Novo CT Frieiro compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña