Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2016/378-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Gallega de Mallas, S.L.

Domicilio social: avenida da Deputación, 15141 Arteixo.

Denominación: proxecto modificado de acometida, LMT subterránea, centro de secionamento e medida e centro de transformación para establecemento Gallega de Mallas, S.L. en Bértoa.

Situación: polígono industrial de Bértoa, parcela E2 , Carballo.

Características técnicas:

– LMTS de 34,5+37,5 metros, de 15 kV de tensión, con condutor tipo RHZ1-2OL 240 Al. Centro de seccionamento e medida en edificio prefabricado constituído polas seguintes celas: cela de entrada de liña, cela de saída de liña, cela de protección con interruptor automático e cela de medida.

– LMTS de 192 metros, de 15 kV de tensión, con condutor tipo RHZ1-OL 12/20 kV, de sección 1×95 Al. Centro de transformación composto por cela de entrada de liña, cela de protección, dous transformadores de 2.000 kVA, relación de transformación 15 kV/420 V, grupo de conexión Dyn11.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña