Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 6 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 30 de xuño de 2016, polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública do monte Pedroso, Val, Sixto e outros, número 103-I, situado no concello de Mazaricos.

Advertido un erro no devandito anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 136, do martes 19 de xullo de 2016, cómpre facer a seguinte modificación:

Acordo. Modificación.

1. Na páxina 31431, onde di:

– «83,3526 ha residuais do monte Pedroso, Val, Sixto e outros por perder as causas que motivaron no seu día a súa inclusión no catálogo».

Debe dicir:

– «82,3526 ha residuais do monte Pedroso, Val, Sixto e outros por perder as causas que motivaron no seu día a súa inclusión no catálogo».