Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de xullo de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 305/2016 no expediente de reposición da legalidade COR/126/2013-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario 305/2016, interposto por Desiderio Mosquera Otero, contra a Resolución do 1 de marzo de 2016 ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que desestima o recurso potestativo de reposición presentado contra a Resolución do 4 de febreiro de 2015 no expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/126/2013-RP1, pola que declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada, no lugar do Chazo, Abanqueiro, concello de Boiro, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC–, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Nemesio Manuel López Díaz e a Encarnación Orjales Furelos para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística