Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO do alleamento de catro parcelas do polígono industrial do Peago.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello do Saviñao (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Enderezo: praza de España, 1.

3º. Localidade e código postal: O Saviñao (Lugo), 27540.

4º. Teléfono: 982 45 20 61.

5º. Telefax: 982 45 30 48.

6º. Enderezo de correo electrónico: concellodeosavinao@hotmail.com

7º. Enderezo do perfil do contratante: www.concellodosavinao.com

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: alleamento de catro parcelas do polígono industrial do Peago.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: parcela 1 (0957801PH1105N0001LK) 15.280 € máis IVE; parcela 2 (0957802PH1105N0001TK): 16.600 € máis IVE; parcela 10 (0957810PH1105N0001RK): 21.060 € máis IVE e parcela 11 (0957811PH1105n0001DK): 21.500 € máis IVE.

5. Garantías exixidas: segundo o prego.

6. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia. Concello do Saviñao. Rexistro Xeral.

2º. Enderezo: praza de España, 1.

3º. Localidade e código postal: O Saviñao (Lugo), 27540.

4º. Enderezo electrónico: www.concellodosavinao.com

O Saviñao, 1 de xullo de 2016

Joaquín González González
Alcalde