Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33369

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de xullo de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) xustifícase na creación, mediante a Lei 4/2008, do 23 de maio, da Axencia Galega das Industrias Culturais, que asume as funcións do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, e no Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproban os estatutos da axencia.

En consecuencia, por proposta da dirección da axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 14 de xullo de 2016, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 14 de xullo de 2016, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file