Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publica a formalización do Acordo marco para o servizo de difusión de actuacións públicas específicas da Xunta de Galicia en xornais impresos para o ano 2016.

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu publicar a formalización da contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 89, do 11 de maio de 2016.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25919

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: acordo marco para o servizo de difusión de actuacións públicas específicas da Xunta de Galicia en xornais impresos para o ano 2016.

b) Nº de expediente: AM 1/2016.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 29 de decembro de 2016.

d) Admisión de prorroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificado.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 206.700 euros, máis 43.407 euros en concepto de IVE. Importe total: 250.107 euros.

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 4 de xullo de 2016.

b) Data de formalización: 7 de xullo de 2016.

c) Contratista: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L.

d) Importe de formalización: segundo as diferentes campañas de difusión que se realicen derivadas do acordo marco.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: o adxudicatario obtivo a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración previstos no PCAP.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios