Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2016/038 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora dos procedementos sancionadores.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla, nº 70-2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 1 de xullo de 2016

P.S. (Resolución do 21.6.2016)
Mª Belén da Riva López
Xefa do Servizo de Urbanismo de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2016/038

Paula Curt e Gheorghe Vida

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2016/071

MV Gestión, S.L. e Manuel Casanova Castro

Inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2016/088

Segar Viorel Marín e Claudia Marimar Sali

Inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2016/096

Ahmed Dhaimini Esshaibi

Inicio do procedemento sancionador