Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33478

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 22 de xullo de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 12 de maio de 2016.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, mediante a Orde do 12 de maio de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 3 de xuño), de conformidade co establecido no artigo artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 12 de maio de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 3 de xuño).

Segundo

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o funcionario/a que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro

O cesamento no destino actual do/da funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

A xefatura do centro no que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Apelidos e nome: Carmen Pulido Dopazo.

NRP: 4445689946 A2207.

Grupo: C2.

Corpo/escala: corpo auxiliar C. Castela e León.

Código do posto: MA.A01.00.000.15770.003.

Denominación do posto: secretario/a do/a presidente/a.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 18.