Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Fontefría número 201, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente de caducidade do aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Fontefría nº 201, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren procedente.

Lugo, 12 de xullo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Fontefría nº 201.

Interesada: Albazar, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: Gaibor, s/n, 27375 Begonte (Lugo).